AQUAOLEIROS, S.A. é a empresa pública creada polo Concello de Oleiros para a xestión do servizo público de abastecemento de auga potable. A súa sede está situada na rúa Francisca Herrera, 3 no edificio municipal de Facenda e comezou a operar o 20 de xullo de 2022.

O obxectivo de AQUAOLEIROS, S.A. dende a súa creación como empresa pública é a de prestar un servizo de máxima calidade aos 18.000 abonados e que este sexa compatible co maior aproveitamento do recurso, a auga que tanto debemos coidar, e co mantemento das tasas de subministración mais económicas na contorna na que o Concello de Oleiros se ubica.

Convocatorias de emprego

Neste apartado publícanse as bases das convocatorias de emprego a prazas ofertadas por AQUAOLEIROS S.A.

Proximamente

Non hai publicadas prazas polo momento.

Perfil do contratante

As publicacións efectuadas no presente perfil do contratante terán carácter meramente informativo.

Proximamente

Non hai publicacións polo momento