Trámites

CONTRATACIÓN DO SERVIZO

A contratación realizarase de forma presencial nas nosas oficinas (ver horario e localización), debendo abonar as tasas que correspondan e presentando a documentación que se require a continuación.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Común para todos os tipos de contratos:
    • D.N.I. ou N.I.F. do contratante.
    • Nº de conta bancaria (en caso de domiciliar os recibos)
    • Acreditar a propiedade ou dereito de uso con cualquera de estes documentos:
      • Escritura de compravenda
      • Contrato de aluguer
      • Nota do rexistro.
      • Recibo I.B.I
    • No caso de que a póliza de abono sexa subscrita por unha persoa xurídica deberá aportar ademais:
      • Escritura da sociedade.
      • Poder de representación.
      • D.N.I do representante.
  • Específica para contratación de:
    • Obras:
      • Licenza de obras.
    • Locais ou industria:
      • Licenza municipal de actividade ou Declaración responsable/Comunicación previa.
    • Vivendas en primeira ocupación:
      • Licenza de Primeira Ocupación ou Declaración Responsable

 

TIPOS DE CONTRATACIÓN

  • Subrogación de contrato

Poderase subrogar o contrato inicial sempre que se atope ao corrente de pago e se acrediten as siguientes circunstancias:

– Que foi herdada propiedade.

– Que se produxo disolución da propiedade en común (separación, divorcio, …)

  • Cambio de titularidade

Realizase normalmente por compra-venda do inmoble ou por aluguer.

O titular inicial debe estar ao corrente de pago dos recibos e non ter cursado solicitude de baixa.

  • Alta

É necesario cursar a alta, cando un inmoble tivo contratada a auga nalguhna ocasión pero na actualidade carece de contrato.

  • 1ª Contratación

Son os contratos de inmobles que nunca tiveron contratada a agua. Se o inmoble non dispón de acometida, deberá realizarse a obra de conexión antes da contratación, para elo deberán poñerse en contacto coa nosa empresa.

 

TASAS MUNICIPAIS

Abonaranse nas nosas oficinas en metálico ou con tarxeta segundo o tipo de contrato e o uso: “doméstico” para vivendas e comunidades, e “non doméstico” para o resto de usos.

Os prezos varían tendo en cuenta o diámetro do contador. Na seguiente táboa figuran os máis comúns (13mm y 15mm), para outros diámetros é necesario consultar.

Tipo de contrato

DOMÉSTICO

NON DOMÉSTICO

SUBROGACIÓN

0,00 €

0,00 €

CAMBIO DE TITULAR

45,39 €

60,94 €

ALTA

68,55 €

84,10 €

1ª CONTRATACIÓN

118,89 €

134,44 €

 

BAIXA DO CONTRATO DA AGUA

  • A solicitude de baixa presentarase na nosa oficina pola canle que vostede prefira (presencial, mail, correo postal, fax)
  • Realizarase sempre por escrito e irá firmada polo titular do contrato achegando copia do DNI.
  • No caso de que o contador se atope no interior dun inmoble, teña en conta que tenrá que facilitar o acceso ao noso persoal para poder realizar o corte do suministro.