A Empresa Municipal de Augas da Coruña ( Emalcsa) está a realizar este xoves 21 de novembro a segunda e última fase do entroncamento de tubaxes dentro das obras que realiza na construción dun novo depósito en Alvedro. Por iso, vanse producir episodios de auga turbia nas zonas do termino municipal de Oleiros que se fornecen directamente polas entradas do Puente da Pasaxe e do Puente do Burgo. Ditas zonas son:
- Santa Cristina (Perillo)
- Perillo
- O Paraiso (Lians)
- O Seixo (Lians)
- O Graxal (Lians)
- Icaria (Lians)
- Bastiagueiro (Lians)
- Santa Cruz (Lians)
- San Pedro de Nós (Nós)
As obras do depósito de Alvedro supuxeron un investimento de máis de catro millóns de euros e mellorarán a seguridade dun punto crucial para a subministración de auga, conectado directamente coa Estación de Tratamento de Auga Potable da Telva e que funciona como cabeceira do sistema de distribución aos municipios da Coruña, Culleredo, Arteixo, Cambre e as parroquias de Perillo, Lians e Nós de Oleiros.
Desde Sergesco fixemos todo as actuacións que están na nosa man para minimizar as zonas afectadas por episodios de auga turbia, e nas zonas que se fornecen directamente das entradas da Pasaxe e o Burgo, unha vez vaia remitindo a turbidez da auga que nos entra na rede municipal de distribución, procederemos a purgar a rede nos puntos baixos mais afectados da devandita rede de distribución.
Estimamos que devanditos episodios de turbidez remitan ao final do día de hoxe.
Perdoen as Molestias.