Veciños da comarca poderán recibir auga turbia nas súas casas durante toda esta semana. A Empresa Municipal de Augas da Coruña ( Emalcsa) advertiu onte de que os episodios de turbidez poden estenderse ata o domingo como consecuencia da rotura dunha tubaxe xeral na tarde do martes en Rutis, que deixou sen auga por centos de vivendas en Culleredo, Cambre, Oleiros e A Coruña, e aos traballos que se realizaron para a súa reparación e para a reposición do servizo de auga.
O abastecemento de auga quedou reposto por completo na tarede de onte. A maior parte das vivendas xa recuperaran o servizo á primeira hora da noite do martes, pero non todas. Na mañá de onte, rexistráronse problemas de presión, varias zonas continuaban sen subministración e moitas outras recibían auga moi turbia.