Debido a unha  rotura  á altura do nº50 da Avenida Francisca Herrera (AC-174  P. K. 4+080) que se produciu ao  rededor das 22:30 horas da noite de onte e despois de illar o tramo da avaría e cambiar os circuítos de distribución que temos ao noso alcance para tentar deixar con servizo de abastecemento ao maior numero de vivendas posible, lamentamos comunicar que aínda así, vai quedar sen servizo:
•As vivendas situadas na marxe par da Avda.  Fracisca Herrera (marxe esquerda da devandita avenida sentido Oleiros) entre a Rotonda das Pedreiras (glorieta decorada coa “Rosa dos Ventos”) e a Rotonda da Pezoca (glorieta decorada con “Dúas Tixolas de Barro”)
•Rúa  Mimosas
•Rúa Morriña, soamente as vivendas unifamiliares nº1, nº10B e nº12
•Rúa Os Regos entre o nº1 e o nº13 e Rúa  Río Xallas da  Urb. Os Regos podería ter algún episodio de falta de presión en horas punta de consumo.
Esperamos ter restablecido o servizo na tarde de hoxe venres 22/05/2020, senón xorde algunha complicación a maiores no transcurso da devandita reparación.
Desculpen as molestias.