Artigo da www.laopinionacoruna.es de 19/09/2017

Emalcsa pide un consumo responsable ao ter Cecebre o nivel máis baixo da decada

Este mes rexistrou un 60,9% de ocupación, aínda que a subministradora non tomará medidas salvo que se prolongue moito máis a falta de choiva

m. villar | a coruña 19.09.2017 | 12:23

El embalse de Cecebre, a su nivel más bajo en 10 años

Augas de Galicia ten publicados na súa web todos os datos de nivel de ocupación do encoro de Cecebre desde 2006 polo que se pode comprobar que neste últimos once anos nunca ata agora tivera tan pouca auga embalsada a presa da que se fornece a área metropolitana coruñesa. A última medición é do pasado día 11, e rexistrouse un 60,9% de ocupación. Só hai unha porcentaxe case igual de baixo no ano 2011, cando nestas datas tiña un 61,8% de enchido. O dato máis antigo, o de setembro de 2006, mostra un 63% de ocupación.

A Xunta decretou o nivel de prealerta, pero tanto a Administración como a empresa adxudicataria do servizo de abastecemento, Emalcsa, consideran que aínda non hai motivos para a alarma, ao confiar en que comece a chover coa chegada do outono, sobre todo a partir de outubro.

Emalcsa confirmou que por agora non vai tomar ningunha medida en especial a pesar de rexistrar o nivel de ocupación máis baixo da última década, pois segundo teñen analizado, o preocupante sería baixar do 40% de enchido, cifra que queda moi lonxe. Non descartarían tomar medidas se se prolongase máis este tempo sen precipitacións, pero por agora afirman que a reserva é “suficiente”. A subministradora con todo si realiza un chamamento ao uso responsable da auga nos fogares e tamén nas empresas.

El embalse de Cecebre, a su nivel más bajo en 10 años

O encoro de Cecebre mostra un nivel sen precedentes na última década, que se pode comprobar nas liñas de medición a pé das comportas, pero só os que pasean habitualmente pola contorna aprecian esta menor cantidade de auga, sobre todo ao aflorar máis elementos como raíces de árbores.