Estreamos páxina web con máis información e servizos para a cidadanía, tratando de ofrecer así un mellor servizo.

Conscientes das vantaxes que ofrecen Internet e as novas tecnoloxías, desde SERGESCO desenvolvemos unha nova páxina web que nos permitirá ofrecer novos e mellores servizos, ademais de toda a información referente ao servizo. Nas diferentes seccións poderá atopar todo tipo de información referente ao servizo de auga de Oleiros, así como poder estar ao tanto de calquera aviso ou incidencia que se produza no mesmo.

Ao mesmo tempo, preocupados por ofrecer un mellor servizo, iremos incorporando paulatinamente varias novidades encamiñadas a simplificar diferentes xestións. Así, en breve dispoñeremos dunha oficina virtual desde a que poderá consultar toda a información relativa aos seus contratos e recibos, así como realizar algunhas xestións a través de Internet.

Sobre todas estas melloras iremos informando puntualmente a través desta nova páxina web, a cal esperamos que atope útil.