Desde as 11:00 horas do 9 de novembro de 2019, por culpa dunha rotura de auga á altura da intersección de Rúa Cobo co camiño de acceso ao Deposito cadrado de Edreira (Cobo -Oleiros), é posible que teñamos episodios de insuficiencia na presión de subministración de auga nas zonas altas das Parroquias de Oleiros, Iñás e Nós.. Concretamente, as rúas máis afectadas son:
-Rúa do Pazo, Rúa Cruceiro, Avda. Ramón Nuñez Montero e Rúa Ledicia (parroquia de Oleiros)
-Rúa Campo do Souto, Rúa Do Caño, Rúa Carballeiras, Rúa Cainceiras e Rúa atochas (parroquia de Iñás)
– A Urb. Ou Valiño, Rúa a Abeleira, Rúa Freixos, Rúa Señorín e Rúa O Pereiro (parroquia de Nós)
Esperamos poder reparar a avaría no día de hoxe e volver restablecer o servizo con normalidade ás devanditas zonas na tarde de hoxe se non sergen ningunha complicación na execución da reparación.
É posible, motivadas por esta avaría, póidanse producir posteriores episodios de turbidez da auga fornecida a través da rede municipal de abastecemento nas parroquias citadas.
Como sempre, temos á súa disposición o teléfono de atención ao cliente de Sergesco o 981610602.
Desculpen as molestias.