O Noso Abastecemento

O ORIXE DA AUGA

A totalidade da auga que se fornece no Concello de Oleiros procede do encoro de Cecebre, que garante o abastecemento de auga na área da Coruña, recollendo o caudal dos ríos Mero e Barcés.

Fotografía de las compuertas del embalse de Cecebre

Comportas do encoro de Cecebre

A empresa municipal de augas da Coruña (EMALCSA), xestiona a regulación do nivel do encoro en función da demanda e do caudal ecolóxico dos ríos, controla a calidade da auga embalsada e supervisa a infraestrutura.

 

TRATAMENTO

A auga natural é captada e tratada para convertela en “auga apta para o consumo humano”, este proceso realízase na ETAP da Telva, xestionada por EMALCSA. Para garantir a súa potabilidade realízanse análise de forma continua antes, durante e despois do tratamento, o que permite optimizar os procesos de decantación, filtración e cloración.

Fotografía de la ETAP de A Telva

Detalle da ETAP de A Telva

DISTRIBUCIÓN

A auga xa tratada inxéctase á rede de distribución do noso Concello, para levala aos consumidores finais, a través de tres contadores xerais que denominamos “puntos de entrega” e que se atopan situados en:

  • A Ponte da Pasaxe
  • A Ponte do Burgo
  • A Edreira (Oleiros)

Existen ademais seis depósitos de regulación cunha capacidade de almacenamento de aproximadamente 10.850 m3, catro estaciones de bombeo e dous grupos de sobre presión que permiten o intercambio de caudais entre os puntos de entrega que antes mencionamos para cubrir as necesidades estacionales e puntuais do noso abastecemento.

Gráfico con las capacidades de los depósitos de distribución

Capacidades dos depósitos de distribución

Como se pode apreciar no seguinte esquema, a rede de distribución é complexa e moi extensa, tendo en conta a dispersión de núcleos de poboación e a complexa orografía do noso Concello.

Esquema de la red de distribución de agua en el ayuntamiento de Oleiros

Esquema da rede de distribución de auga