A Empresa Municipal de Augas ( Emalcsa) anunciou que engadirá carbón activo á auga para eliminar o mal sabor do que se queixaron algúns veciños durante a última semana.
Emalcsa explicou que o mal sabor débese á chegada do outono, tempada na que se produce “un cambio de temperatura na auga e a caída de elementos vexetais no encoro de Cecebre“. Adoita ser “habitual” que en outubro algunhas persoas perciban cambios non só no sabor da auga senón tamén no seu cheiro. Para evitalo, Emalcsa empezou esta semana a introducir carbón activo no tratamento da auga, unha substancia de “gran capacidade absorbente“, segundo a empresa municipal, que consegue “eliminar estas variacións de sabor”. Por iso, o problema debería desaparecer nos próximos días.
A pesar deste sabor raro que notaron algúns coruñeses nas súas casas, a Emalcsa manifesta que a auga que distribúe “sempre é apta para o consumo humano”. Así o garante o seu tratamento e as análises diarias aos que se somete.