O Pleno municipal do Concello de Oleiros, na súa sesión extraordinaria celebrada o día 24 de outubro de 2024, acordou a aprobación inicial da “MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DE SUBMINISTRACIÓN DOMICILIARIA DE AUGA DO CONCELLO DE OLEIROS”, polo que de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o expediente de referencia queda sometido a información pública e audiencia as persoas interesadas polo prazo de 30 días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, puidendo os interesados presentar as alegacións ou suxerencias que consideren oportunas. Durante o devandito prazo poderá ser examinado o expediente nas dependencias municipais. Así mesmo, o texto da modificación do Regulamento estará a disposición das persoas interesadas na “sede electrónica” da web municipal. No caso de non presentarse alegacións no citado prazo, entenderase definitivamente aprobado o acordo de modificación do mencionado Regulamento, sen necesidade de acordo expreso.

A información pódese consultar no Tablón de anuncios municipales da sede electrónica. O prazo para presentar alegacións remata o 13 de decembro de 2024.